SAÚDO DO PÁRROCO

Queridos feligreses,
A través de esta plataforma quixera transmitirvos o meu afectuoso saúdo para estar convosco. Algúns xa tiven o gusto de disfrutar, por primeira vez, da súa presencia e grata compañía o día da miña presentación. Os demáis quixera que me sentises preto de vós nestas líneas escritas.
Veño coa intención, se me deixades, de gastar a vida que me queda entre vós, compartindo ilusións, alegrías e penas, no marco da gran familia que é esta comunidade parroquial.
Así mesmo, quero reiterar o meu agradecemento pola magnífica acollida que me brindastes o domingo día 28 de setembro de 2014, cun recoñecemento especial para Don Samuel García Tacón, párroco de Sanxenxo, a quen considero verdadeiramente alma mater de tal acontecemento.

Recibide todos e todas unha grande aperta do voso recente párroco.

Manuel Pérez Blanco.

Newsletter

luns, 11 de xuño de 2012

Corpus Christi

Aínda que a mañá deste domingo de Corpus 11 de xuño non luceu o suficiente a parroquia non escatimou en esforzos para facer a ocasión máis solemne. Así con gran esforzo e contra toda posibilidade a primeira hora da mañá as alfombras florais estaban rematadas para o paso do Santísimo Sacramento. A choiva ó remate da celebración non permitiu que saíra a procesión por os exteriores polo que recorreu a nave para bendicir á asamblea alí congregada.
Detalle da alfombra do altar.
Só agradecer a quen axudou na elaboración das alfombras, en especial a colaboración das Mulleres Rurais, que coa súa dedicación incesante fixeron realidade algo que a priori semellaba complicado.
Neste día o Santísimo estivo acompañado polos nenos que o mes pasado recibían na parroquia a 1ª Comunión e polos matrimonios de vodas de ouro e prata.

ALERTA COVID-19

ALERTA COVID-19
Cóidate a tí, cóidanos a todos.

Consúltanos en tu smartphone

Consúltanos en tu smartphone
acérca tu cámara a este código BIDI

Beato Carlo Acutis

Beato Carlo Acutis
Ruega por Nosotros. Amén