Himno ó Apóstolo Santiago

Fiestas

CELEBRACIÓNS RELIXIOSAS


COMÚN DE TODA A PARROQUIA.

FESTAS PATRONAIS: do 14 ó 18 de agosto : 


-15 de agosto festa da patrona da parroquia Nosa Señora de Adina
-16 de agosto festa do patrón da vila de Portonovo San Roque,
-17 de agosto día da Virxe do Carme en Portonovo.

Tradición do Encontro: Enmarcada dentro das festas patronais. Acto solemne e de tradición inmemorial que consiste no encontro e saúdo entre as imaxes dos santos patróns máis venerados da parroquia. Realízase na rúa Areal, no lugar exacto onde había hai anos unha ponte sobre o Fabaíños (hoxe canalizado) e que marcaba a entrada á vila. (hai que situarse aproximadamente diante do portal do CEIP de Portonovo) 

Ten lugar tódolos anos o día 16 de agosto ás 12 da mañá.
 Máis información neste blog facendo clic aquí:  O ENCONTRO

Corpus Christi: Elaboración de alfombras florais por parte dos matrimonios de Bodas de Ouro e Prata para o paso da procesión do Santísimo.*

Domingo de Ramos: bendición dos ramos na explanada do parking e procesión.*

*Na igrexa parroquial de Adina.

Venres Santo: Via Crucis organizado polos rapaces de confirmación. Ás 11 da noite.*

*Na capela de Portonovo.

**Festa do catecismo: No mes de xuño (fin de curso) Misa de campaña no parque de Baltar. Comida campestre e xogos. 


POR LUGARES

ADINA (IGREXA PARROQUIAL): 

San Antón Abade e San Brais:  17 de xaneiro (ou fin de semana máis próximo), con misa solemne e procesión os dous días.
San Miguel e a Virxe do Rosario:  No mes de  setembro/outubro. Misa solemne e procesión.  

PORTONOVO (VILA):
San Cristóbal: mes de xullo (a data pode variar dun ano a outro) con misa de campaña no Parque do Espiñeiro, procesión de caravanas e bendición de automóviles. 
Santa Catalina (patrona da vila)25 de novembro (ou sábado máis próximo) con misa solemne e procesión marítima.


ARRA (ANEXO):

San Amaro e San Marcial: 15 e 16 de xaneiro (festas patronais de Arra) con misas rezadas, misa solemne e procesión.
San Caetano: (Devoción recente e de arraigo familiar) Primeiro fin de semana de Agosto, con misa na capela. Vai ligada á Feira de Productos Galegos na praia de Montalvo.

BALTAR (2ºNÚCLEO URBANO):

Nosa Señora do Carme: 16 de xullo. Con misa de campaña na explanada ó carón da capela seguida de procesión e Salve Mariñeira de cara á praia.



*Nota: As horas dos cultos durante as festividades poden estar suxeitas a factores alleos a esta páxina, polo que poden variar dun ano a outro. Convén estar ó corrente dos boletíns parroquiais e das nosas redes sociais.


SAÚDO DO PÁRROCO

Queridos feligreses,
A través de esta plataforma quixera transmitirvos o meu afectuoso saúdo para estar convosco. Algúns xa tiven o gusto de disfrutar, por primeira vez, da súa presencia e grata compañía o día da miña presentación. Os demáis quixera que me sentises preto de vós nestas líneas escritas.
Veño coa intención, se me deixades, de gastar a vida que me queda entre vós, compartindo ilusións, alegrías e penas, no marco da gran familia que é esta comunidade parroquial.

Recibide todos e todas unha grande aperta do voso párroco.

Manuel Pérez Blanco. Outubro de 2014

Beato Carlo Acutis

Beato Carlo Acutis
Ruega por Nosotros. Amén