
A parroquia de Adina conta desde hoxe con este espacio en Internet onde os feligreses disporán de diversa información útil como horarios das misas, a folla parroquial, teléfonos de interese, así como información relacionada co grupo de catequese de nenos, catequese de confirmación e grupos de adultos. Tamén terán oco movementos parroquiais como Acción Católica ou Cáritas Parroquial de Adina de Portonovo.
Contar cun espazo parroquial propio en Internet foi sempre o desexo do párroco pois nos tempos que corren dispoñer dun servizo de información e de contidos relixiosos de ámbito parroquial é case imprescindible. De parte dos administradores desta bitácota desexamos que todo o aquí publicado sexa de utilidade ó lector. Se queres facer suxerencias escribe un comentario ou ponte en contacto con nós a través de correo electrónico na dirección reflexada no noso perfil. Moitas gracias a todos. Esto comeza xa.
DE PARTE DA PARROQUIA DE ADINA DE PORTONOVO E EN ESPECIAL DO SEU PÁRROCO D. JOSÉ GARCÍA CAMPAÑA DESEXÁMOSLLES A TODOS VÓS UN Bo NADAL E UN FELIZ 2012. DEUS NACEU, BO NADAL.