Himno ó Apóstolo Santiago

sábado, 27 de xullo de 2013

Ferida no corazón de Galicia. Homenaxe.



ORACIÓN DE ABANDONO 

(Charles de Foucauld)

PAI, PAI, EU PÓÑOME NAS TÚAS MANS, NAS TÚAS MANS.
Eu póñome nas túas mans fai de min o que Ti queiras
Sexa o que sexa, eu douche as grazas.
Estou disposto a todo, e acepto todo con tal de que a túa bondade
Se cumpran en min e en tódalas criaturas non desexo nada máis.
Confíoche a miña alma doucha con todo o amor do que son capaz
Póñome nas túas mans sen medida cunha confianza infinita.

Dalles Señor o Descanso Eterno, e lles brille a luz perpetua ás 78 vítimas do tráxico suceso, e dalle tamén consolo para as sús familias que se laian  desconsoladas pola perda tan arrebatadora dos seus seres queridos.
Acólleos no teu seo onde non hai máis pranto nen dor, 
onde todo é paz e alegría sen fin.
Porque choraches pola morte
do teu amigo Lázaro.
Porque só ti Señor tes palabras de vida eterna.

 Na vida e na morte somos de Deus.
As nosas vidas son do Señor,nas súas mans descansarán.
O que vive e cre nel non morrerá.

Que así sexa.

SAÚDO DO PÁRROCO

Queridos feligreses,
A través de esta plataforma quixera transmitirvos o meu afectuoso saúdo para estar convosco. Algúns xa tiven o gusto de disfrutar, por primeira vez, da súa presencia e grata compañía o día da miña presentación. Os demáis quixera que me sentises preto de vós nestas líneas escritas.
Veño coa intención, se me deixades, de gastar a vida que me queda entre vós, compartindo ilusións, alegrías e penas, no marco da gran familia que é esta comunidade parroquial.

Recibide todos e todas unha grande aperta do voso párroco.

Manuel Pérez Blanco. Outubro de 2014

Beato Carlo Acutis

Beato Carlo Acutis
Ruega por Nosotros. Amén