Himno ó Apóstolo Santiago

xoves, 31 de xaneiro de 2013

Reportaxe do Diario de Pontevedra

Como xa é sabido de vostedes o pasado mes celebrabamos un ano de vida deste blog. Un proxecto que quere ir máis alá da simple folla informativa que se le despois da misa. Queremos facer deste sitio un espazo interactivo e de participación que pouco a pouco iremos facendo entre todos. Deixo aquí a proba diso. O Diario de Pontevedra realizou en outubro do pasado ano unha reportaxe na súa sección local Sanxenxo-O Salnés adicada a esta bitácora. É por iso que queremos compartila con todos vós porque sabemos que hai moitos que non a poideron ler no seu día. (e tamén o público de outras partes de Galicia e de España)

Podedes descargar o PDF co texto para unha cómoda lectura neste enlace:
https://sites.google.com/site/catequeseadinadeportonovo/ 
Está na sección de Novidades, no tablón principal.

SAÚDO DO PÁRROCO

Queridos feligreses,
A través de esta plataforma quixera transmitirvos o meu afectuoso saúdo para estar convosco. Algúns xa tiven o gusto de disfrutar, por primeira vez, da súa presencia e grata compañía o día da miña presentación. Os demáis quixera que me sentises preto de vós nestas líneas escritas.
Veño coa intención, se me deixades, de gastar a vida que me queda entre vós, compartindo ilusións, alegrías e penas, no marco da gran familia que é esta comunidade parroquial.

Recibide todos e todas unha grande aperta do voso párroco.

Manuel Pérez Blanco. Outubro de 2014

Beato Carlo Acutis

Beato Carlo Acutis
Ruega por Nosotros. Amén